jueves, 9 de junio de 2016

As instruccións do noso xogo

O xogo contén:
Catro fichas
Tableiro (mapa)
Dado
Tarxetas coas preguntas correspondentes aos números das casillas


Instruccións:
1- De dous a catro xogadores.
2- Para decidir quen comeza, cada xogador tira o dado e o que saque o número máis alto decide os turnos de tirada.
3- Comézase na casilla de saída e vaise avanzando correspondendo ao número que saque no dado.
4- Cada casilla ten un número que se corresponde cunha das preguntas, se o xogador/xogadora acerta a pregunta volve a tirar e avanza, se a súa resposta non é correcta pasa o turno ao seguinte.
5- As casillas especiais de cor negra "Tira outra vez" indican que o xogador volve a tirar o dado.
6- As outras casillas especiais de cor vermella indican a volta á casilla de saída.
7- O que primeiro chegue á casilla de "Final" gañará o xogo.

As correcións das preguntas dos compañeiros de A

https://es.scribd.com/doc/313932409/Preguntas-Asia 


Deixamos o enlace ás preguntas xa que temos problemas para publicalas nós, todas están ben, menos a 15.

15. Cal é o río mais longo de Asia?

a) Yangsté
b)Obi
c)Ganxes
d)Huang He

Plan de equipo

1. Que queremos facer? Temos pensado facer unha "oca" cos países. Trátase dun tableiro con casillas de cores, correspondentes á economía, medio físico, política e desenvolvemento humano. Teremos uns sobres coas respectivas preguntas e en cada unha poderemos mostrar unha gráfica sen dicir de que país é, os xogadores e xogadoras terán que tirar o dado e respostar á pregunta do país e do indicador que lle corresponda. O obxectivo é chegar ao final, se respostan ben continúan co xogo, senón pasa o turno ao seguinte. 2. Como o queremos facer? PASOS: Para comezar precisamos un mapa de Asia meridional, un dado grande, sobres e facer as casillas de cores. As poñeremos no tableiro e asociaremos os sobres con números. COORDINACIÓN: Coordinadora: Iria Axudante: Alejandra Enargada de material: Marina Mediador: Jacobo

As nosas preguntas

http://es.slideshare.net/Alejandramirandaseoa/juego-socisdocx