domingo, 31 de enero de 2016

"Exposición do proxecto"

Durante o proxecto da evaluación todos traballamos e nos axudamos a rematar as entradas do blog, tivemos algúns problemas coma falta de tempo polo que tivemos  que quedar fora do colexio e tamén  coa empresa que iamos facer nun principio xa que eles non tiñan planeado a nosa visita ainda que lle mandamos un gmail o que contestaron, e escollemos outra empresa a que si que entrevistamos lúa clara. Atopamos esta emresa grazas a miña nai xa que ela coñecía a empresa e nos dixo que poderíamos quedar pra facer o traballo, recibiunos o dono e contestou moi ben as nosas preguntas apesar de que eran bastante difíciles de contestar. 

Non tivemos problemas de cooperación e o único que cambiaria e que no principio non sabíamos traballar coma un equipo polo que perdimos tempo nas clases, e o que non cambiaría sería que non nos lebamos mal ningún polo que o pasamos ben nas clases ainda que tamén traballamos.
O máis dificil o meu criterio e que  as veces non logramos rematar todo polo que temos que facer na sesión, e o máis fácil foi repartirnos o traballo, por exemplo no vídeo ainhoa e máis laura o montaban mentras eu e Jacobo escribiamos o texto nun power point  pra pasalo logo o vídeo e non me gustaría repetir que tiberamos que quedar fora do colexio.







jueves, 14 de enero de 2016

Sesion 6

Rematamos a reportaxe escrita entre todos.

"Reportaxe escrita"

O noso traballo é sobre a empresa Luaclara Factor Higiene S. L., á que fomos visitar. O seu traballo está localizado en Galicia. É unha pequeña empresa cuns 23 traballadores, dos que o 80% están contratados de maneira fixa, xa que emplean moito tempo en formar aos seus traballadores e apostan por unha plantilla fixa. O outro 20% restante dos traballadores é o conxunto dos traballadores que por circunstancias de producción non están fixos xa que hai épocas nas que necesitan máis empleados polo aumento da demanda pero ao rematares non son necesarios. É unha empresa familiar na que o xerente da empresa (Javier, ao que entrevistamos) é o fillo do propietario e é encargada do sector de servizos, no que traballan con outras empresas e particulares dende o 1989, no ano no que se funda a empresa.
  

É unha empresa que aposta directamente polas novas tecnoloxías, xa que o sector creceu considerablemente nos últimos anos e foi profesionalizado rápidamente. Tra-la crise, Luaclara, decide que é un bo período para o crecemento da empresa, que se vira afectada por esta, e aposta pola ecoloxía e dedica recursos a ser ecolóxicamente sustentable. Para esto Javier traballa nun novo proxecto: traballar coa administración pública, e para isto deben ter os certificados da ISO (Organización Internacional de Normalización) 9001 (Sistema de gestión de calidade) e 14001 (Gestión del medioambiente) que aseguran que a empresa é ecolóxicamente sostible aínda que xa o sexa e non precisen dos certificados para levar a cabo algunha labor.

O seu traballo se desenvolve tanto en industrica coma en hostelería ou no sector residencial, contando con máquinas que aforran agua, enerxía e produtos químicos, os cales o xerente asegura que intentan que os poucos que usan sexan de orixe natural. Javier pensa que os gastos que se obteñen ao comprar esta clase de máquinas son poucos en comparación ao que se aforra ao longo.
O traballo localízase en Galicia, maiormente en Pontevedra e saen pouco ás outras provincias, polo que podemos dicir que é unha empresa local, aínda que están en etapa de crecimiento e pensan promocionar os seus servizos por toda España, e por agora só dedícanse ao mercado rexional, cousa na que tamén gustaríalles avanzar.
                                    

Para promocionarse, a empresa, dedícase ao ''buzoneo'', a mandar correos electrónicos a outras empresas e particulares e tamén desenrrolanse en redes sociais coma Facebook, Twitter, etc. Tamén asócianse ao Convenio Provincial de Empresas de Servicios de Limpieza, á Confederación de Empresarios, da AELPO (Asociación Provincial de Empresas de Limpieza )Pontevedra)), da AFELIM (Asociación de Federacións Provinciais (Nacional)) e no ámbito particular son membros dunha asociación de autónomos chamada ATA Galicia.

                                     
Coa actual crise a empresa vérase afectada os anos anteriores, pero afirman que están mellorando e como proba de isto en 2015 houbo un 30% máis de facturación que no 2014, polo que non hai máis que boas expectativas para o crecemento da empresa. Con todo, Javier espera das eleccións algún cambio nas axudas laborais para a contratación, que actualmente son escasas, e a baixada da presión fiscal, que asegura, é demasiada.